Porto do Son, de cine
Os fotogramas que inauguran esta entrada pertencen á película "Elisa e Marcela" de Isabel Coixet.
Algunhas esceas rodáronse nun lugar delicioso, a praia da Aguieira , un pequeno paraíso detrás das dunas , onde se xuntan o río e o mar.Onte e hoxe mesmo , tomei alí uns baños incribles porque setembro está sendo o mellor mes do verano.
Outra peli rodada nas Furnas xa a mecionei aquí noutra entrada" Mar adentro".
Canto teño chorado de emoción con esta escea.
https://youtu.be/PMNT5aBWbOU?is=aHAUx8iUNEY8rz-G
Ímonos agora ao ano 1971
Andrés do Barro protagoniza unha película de Ozores xunto con Concha Velasco.Os exteriores desta escea se rodaron na subida a Montemuiño desde o Son.
https://youtu.be/FkKe0F0yNA0?is=-9D6OIW5uZC4tKY0
Agora, unha curiosidade : un documental postPrestige
Esta cova comeza a ser un espazo un tanto extravagante , ideal para frikis coma mín.
Por este documental pasan moitos coñecidos: a miña amiga Galicia do Ardora, Carlos Peón, o meu compi de coro , ou Carme do Chinto...unha xoia.
https://vimeo.com/54384688?fl=pl&fe=sh
"No se vayan todavía que aún hay más"
No 2007, Bolboreta, Mariposa, Papallona.
Pablo García Pérez de Lara (''Fuente Álamo, la caricia del tiempo''), é o director desta película.
A idea xurde tras vivir unha temporada en Porto do Son. O impacto que lle causaron as súas paisaxes e os seus habitantes tiveron como resultado este drama que mistura realidade e ficción, e que se adentra no proceso de creación da propia película.
E xa por último FARIÑA.
Outra vez a praia e o bar das Furnas foron protagonistas desta serie tan exitosa.












Comentarios
Publicar un comentario