Para que serve este blog?
Probablemente para nada ou para moi pouco.
Son escasos os visitantes que atopan está cova (antiga Casa das mouras) porque é moi complicado dar con ela.
Aquí chegan as persoas que teñen que chegar guiadas polo canto enfeitizante das sereas.
Pero chegan.
Máis tarde ou máis cedo, chegan.
Aquí o tempo pasa lento, como antano, cando non eramos esclavos da velocidade que impón a tecnoloxía.
Levo vivindo neste pobo máis de 35 anos,sen contar os que viña de turista coa miña familia. Adoro esta paisaxe. Tanto que decidín vivir aquí durante moitos anos.
Temos unha vivenda para alugar nesta zona que foi a nosa casa familiar algún tempo. Está chea de lembranzas felices .
Por este motivo adicolle moito esforzo e cariño. Para poder mantela e que outra xente poda disfrutala como fixemos nós.
Penso que merece un blog como este, que serve , en primeiro lugar, para dar a coñecer ese espazo ( a cova das sereas) , mostrar a paisaxe da contorna ( con fotografías propias) e outras cuestións aleatorias e curiosas que van saíndo ao paso.
Con ritmo lento.
Non hai presa.
Nin ansiedade de ningún tipo. Nin estrelas, nin ranking, nin medalla de supermega anfitriona.
A estas alturas estou farta de airbenebeses, bookines e demais plataformas , que son unha especie de sistema feudal do alquiler turístico. Os anfitrións somos os vasallos ao servizo destes grandes señores feudais da actualidade. Eles dannos visibilidade e a cambio nós pagámoslle o diezmo, ademais de facer o traballo duro de manter este tipo de viviendas no mercado turístico en óptimas condicións
Declárome unha irmandiña do século XXI contras as grandes plataformas (Antoñita ña fantástica, son eu). Airbnb, booking, holidu, vrbo..son como a nobleza abusadora do medievo trasladado á modernidade
Non me interesan NADA.
Estiven si. Formei parte dese delirio como todo fillo de vecino.
Pero xa non.
Non me interesan estes grandes monopolios. Como tampouco me interesa a IA, a robótica e , en xeral , este mundo contemporáneo que nos tocou vivir.
Os mellores hóspedes que tiven ata o momento chegaron a través deste blog.
Xa levan moitos veranos conosco.
Son discretos, amables, cultos , coidadosos, educados, e cordiais.
Menos sempre é máis.




Comentarios
Publicar un comentario