O MAR E AS SÚAS CRIATURAS I








 Esta é unha das primeiras sereas que saiu das miñas mans. Poderedes atopala na galería da "Cova das sereas", un espazo delicioso para contemplar o solpor .

Lembro o día que arrastrei a creba pola praia das furnas.

Pesaba un mundo pero aínda así conseguín turrar dela e movela  por toda a praia ,traela ao meu estudo e sacar a serea que tiña dentro.

Porto do Son está rodeado de mar, de paisaxes incribles e inspiradores .

Na praia das Furnas rodouse a película Mar adentro de Alejandro Amenábar sobre a vida dun grande  nacido en Xuño : Ramón Sampedro.

Comentarios

Entradas populares