A COVA DAS SEREAS

Todo cambia. 

Non íamos ser menos. 

A CASA DAS MOURAS é agora A COVA DAS SEREAS.

MOURAS e SEREAS son curmás. 

Seres míticos femininos , poderosos e máxicos que enchen as lendas desta terra nosa.

Pois iso.

Está vivenda está en Porto do Son , cerca do Castro de Baroña e máis cerca aínda da COVA de FONFORRÓN.  Nesta cova mítica habita un galo . 

Podo asegurar que tamén foi en tempos refuxio de sereas namoradas de humanos. 

Non me cabe dúbida. Por iso esta casa está chea de sereas. Son as okupas habituais da vivenda e podedes atopalas en tódolos espazos ( no salón, no estudo, na galería, nos dormitorios...).

Tiveron que pasar moitas cousas e moitos anos para darnos de conta  de que A COVA DAS SEREAS é un nome máis axeitado para este lugar que A CASA DAS MOURAS.

Nunca é tarde .

 

 






.


Comentarios

Entradas populares