GALICIA E AS SEREAS.

Na mitoloxía galega existe a lenda de Mariña, que foi rescatada  do duque don Froilaz do tempestuoso mar de Fisterra. A diferenza doutras, Mariña é unha boa serea e namórase perdidamente de don Froilaz e el dela. Os dous teñen un fillo ao que chaman Xoán, despois da noite de San Xoán e que é a orixe da estirpe dos Mariño. Segundo outras versións, a serea estaba moribunda na illa de Sálvora, e foi coidada por Roldán, con quen casou e tivo a descendencia dos Mariño.

Outros mitos galegos relacionados son os da Marosa ou Maruxaina e os xacios

As sereas foron un motivo moi estendido na representación escultórica en toda Galicia, por exemplo na fachada das Praterías da Catedral de Santiago de Compostela, o pazo dos Torrado de Cambados ou o escudo dos Torrado- Mariño, en quen se inspirou Castelao para o escudo secular de Galicia .[Segundo X.L. Axeitos, académico da RAG, o motivo da elección dese símbolo foi que se repetía con frecuencia e podía converterse nun símbolo de unidade.























 






























Debuxos e esculturas de Mónica Montero.
(SE compartes algunha destas imaxes, non esquezas sinalar a autoría)






Comentarios

Entradas populares